
Foto | dhiller77
A Deputación de Lugo está ó servizo dos 67 concellos que forman a provincia. Cooperar cos municipios a través do traballo en rede é o principal obxectivo desta institución, que segue, ano a ano, abríndose á cidadanía.
Pero a institución tamén desenvolve outras tarefas moi útiles para os veciños como:
- Imaxinas un plan de emprego para persoas en paro que, ó tempo que crea postos de traballo, permite realizar tarefas que os concellos non poden facer? Pois existe na Deputación e chámase «Lugo Emprega«.
- Imaxinas poder facer máis de 120 trámites co teu concello ou coa Deputación sen saír da casa e con boa cobertura de internet? Ese é o noso programa «Innova-TE«.
- E percorrer a provincia a través da rede provincial de estradas máis extensa de España, cun bo aglomerado e sinalización? Ese é outra das tarefas da Deputación.
- Sabías que somos unha das provincias españolas con máis Reservas da Biosfera, con todo o potencial turístico-medioambiental que iso supón? Coidalas e dalas a coñecer é outro dos nosos labores a través de programas como «km0.Deputación de Lugo«.
- A única Escola de Imaxe e Son da provincia chámase Fundación TIC e depende da Deputación.
- O Campus de Lugo é o resultado da unión de varias administracións, entre elas a Deputación que agora afronta a construción da nova Escola de Enxeñeiría Civil e a ampliación do Campus.
- A UNED na capital foi creada grazas ó impulso da Deputación de Lugo, polo que os lucenses xa non teñen que marchar fóra para estudiar.
E así un longo etcétera… se queres saber máis entra en www.deputacionlugo.org