
A provincia de Lugo é unha das catro que conforman a comunidade autónoma de Galicia. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ao sur coa provincia de Ourense e ao leste co Principado de Asturias e coa provincia de León.
É a maior das 4 provincias galegas e a terceira en número de habitantes. A capital é Lugo e as principais localidades son Monforte, Viveiro, Ribadeo, Vilalba, Sarria, Burela, Chantada e Mondoñedo. Hai un total de 67 concellos. O principal río é o Miño, que tamén percorre a provincia de Ourense e fai límite entre a provincia de Pontevedra e Portugal, desembocando no Atlántico.

Neste blog, atoparás toda a actualidade da nosa provincia, así coma abundante información en temas como o turismo, xuventude, medio rural, cultura ou Deportes
Máis información sobre a provincia de Lugo | Lugo Terra